Medio Ambiente

Porque unha rute é moito máis do que un deseño

Nun momento en que abondan as rutas de sendeirismo, Gabinete Cartotec aposta por unha visión integral destes proxectos que converten os nosos sendeiros en experiencias únicas e diferenciadas pola súa  riqueza e calidade.

O noso coñecemento da contorna e experiencia en proxectos de creación de sendeiros homologados convértennos nos socios perfectos para desenvolver rutas atractivas que tiren proveito e poñan en valor dos elementos naturais, humanos, históricos, arqueolóxicos ou culturais da contorna.

No mesmo sentido, no propio proceso de elaboración da ruta procuramos a participación coas comunidades. Deste xeito queremos facer algo que a xente asuman como propio e que actúen como auténticos custodios do territorio e dos seus camiñantes ao tempo que participan e contribúen á creación da ruta.

Procuramos que o visitante goce dunha experiencia integral, en contacto coa paisaxe humano e natural da contorna. Ao tempo, que trasladamos tamén a riqueza e complexidade do medio rural, tratando as relacións entres o ser humano e a natureza, e os procesos produtivos que se desenvolven neste territorio.

Os proxectos de sendeiros que ofrecemos son homologados polas Federacións Montañismo, que son sinónimo de calidade. Adecúanse a unha normativa que garanten, entre outros, unha boa sinalización, seguranza e ofrecen recomendacións, datos técnicos e información sobre puntos de interese.

Explora e descobre a través do senderismo

A combinación de vida activa e contacto coa natureza ten uns beneficios para a saúde espiritual e física inmellorables. Por iso, non é unha coincidencia que o sendeirismo sexa unha práctica cada vez máis habitual entre persoas de todas as idades e condicións físicas. Perfecto para grupos de amigos, familias ou para unha viaxe introspectiva en solitario, o sendeirismo gaña adeptos en todos os lugares.

A promoción de ROTEIROS de senderismo proporciona unha variada relación de beneficios a todos os niveis:

  • Promoción da identidade local.
  • Participación social inclusiva.
  • Atracción de novos visitantes.
  • Dinamización económica.
  • Posta en valor dos recursos naturais.
  • Fomento de estilos de vida saudables.

Promove un sendeiro e dinamiza a túa zona!

Contacta

Se queres promover un sendeiro só tes que escoller:

  1. Por onde che gustaría que transcorrese.

Pensa nun lugar de interese xeográfico, histórico, artístico, natural ou cultural que queres potenciar e dar a coñecer.

  1. A lonxitude do sendeiro:

GR: Gran Percorrido > 50 Km.

PR: Pequeno Percorrido < 50 Km.

Ofrecemos

Elaboración e dirección de proxectos de Sendeiro e Estudos de Definición de Sendeiro (EDS) adecuados á nova normativa de Sendeiros 2018.

Asesoramento e xestión integral do proxecto.

Deseño dos elementos infográficos e arquitectónicos

Sinalización, implantación e actuacións de difusión dos sendeiros.

Garantía 100% de homologación pola FGM.

Mantemento e conservación do sendeiro.

Ver máis
Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso