fbpx

Blog

17 Setembro, 2020
Representación Gráfica Alternativa
Logo da reforma da Lei Hipotecaria, aprobada pola Lei 13/2015, de 24 de xuño, é necesario unha RGA para a inscrición das fincas no Rexistro da Propiedade. En Gabinete Cartotec contamos coa experiencia suficiente na realización de RGAs, xestionando o ciclo total, dende a medición da parcela afectada, a correcta representación gráfica en Catastro, e a súa inscrición no Rexistro da Propiedade.
27 Decembro, 2018
Cartotec estrea imaxe de marca
Cartotec muda a súa web e estrea nova imaxe despois de tres anos, para dar inicio a unha etapa de expansión nacional e internacional no eido da xestión territorial.
27 Decembro, 2018
Aos dous lados do mostrador
Cartotec xestiona e tramita expedientes catastrais de tipo físico e xurídico para a Provincia de Pontevedra e diferentes concellos. Coñecemos con detalle os procedementos técnicos e xurídicos necesarios ante Catastro, o Rexistro da Propiedade e a Notaría.
27 Decembro, 2018
Unha nova ruta de sendeirismo para no Ulla
As Asociacións O Noso Lar e As Rigueiras xunto co Concello de Santiso, encomendaron a Cartotec o proxecto e a execución dunha ruta de sendeirismo homologada de 40 km (Sendeiro da Beseña - PRG226). Unha ruta de sendeirismo homologada financiada con fondos europeos LEADER que xestiona o GDR.
27 Decembro, 2018
Cartolibro
Toda a información sobre as túas propiedades: inventario de fincas con planos de superficie, localización e todo o que poidas precisar nun único documento físico e tamén en formato dixital.
Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso