Política de privacidade

Grazas por acceder ó noso sitio web en Internet
A utilización deste sitio web supón a aceptación das seguintes condicións, que en calquera momento podrán ser modificadas por Gabinete Cartotec.

Datos da empresa

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, a continuación expóñense os datos identificativos da empresa propietaria de gabinetecartotec.com:

Denominación social: Gabinete Cartotec, SL
CIF: B70465984
Domicilio: Rúa Doutor Novoa Santos nº 10 (15800 Melide)
Teléfono: 881 93 94 98
Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, tomo 262, folio 92, inscrición 1, folla SC-47961

O acceso ao sitio www.gabinetecartotec.com implica a aceptación das condicións xerais detalladas a continuación.

Propiedade intelectual

As marcas, nomes comerciais ou sinais distintivos son titularidade de Gabinete Cartotec SL ou terceiros, sen que poda entenderse que o acceso ao Sitio Web atribúa ningún dereito sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou sinais distintivos salvo consentimento expreso de Gabinete Cartotec SL.

Todos os contidos do Sitio Web, entendendo por estes a título meramente enunciativo os textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, links e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o deseño gráfico e códigos fonte están protexidos pola lexislación española sobre os dereitos da propiedade intelectual a favor de Gabinete Cartotec SL.

Non obstante Gabinete Cartotec SL resérvase o dereito a usar imaxes de terceiros baixo o seu consentimento, sen que o dereito de uso se estenda aos visitantes do sitio web gabinetecartotec.com. Quedando por tanto totalmente prohibida a súa reprodución, distribución ou comunicación pública, total ou parcial, sen a autorización expresa de Gabinete Cartotec SL.

Contidos

O Usuario comprométese a utilizar os Contidos en conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal, así como coas demais condicións, regulamentos e instrucións que no seu caso puidesen ser de aplicación.
Con carácter meramente enunciativo, o Usuario de acordo coa lexislación vixente deberá absterse de:

Reproducir, copiar, distribuír, poñer a disposición, comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos salvo nos casos autorizados na lei ou expresamente consentidos por Gabinete Cartotec SL ou por quen ostente a titularidade dos dereitos de explotación no seu caso.

Reproducir ou copiar para uso privado os contidos que poidan ser considerados como Software ou Base de Datos en conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, así como a súa comunicación pública ou posta a disposición de terceiros cando estes actos impliquen necesariamente a reprodución por parte do Usuario ou dun terceiro.
Extraer e/ou reutilizar a totalidade ou unha parte sustancial dos Contidos integrantes do Sitio Web.

Actualización e modificación da web

Gabinete Cartotec SL. resérvase o dereito a modificar ou eliminar, sen previo aviso, tanto a información contida no seu sitio web, así como a súa configuración e presentación, sen asumir responsabilidade algunha por tal motivo.

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE:

Da Información

GABINETE CARTOTEC SL. non se responsabiliza das decisións tomadas a partir da información subministrada no Sitio Web nin dos danos e prexuízos producidos ao Usuario ou a terceiros por mor de actuacións que teñan como único fundamento a información obtida no Sitio Web.

Da calidade do servizo

O acceso ao Sitio Web non implica a obriga por parte de Gabinete Cartotec SL de controlar a ausencia de virus, malware ou calquera outro elemento informático prexudicial. Corresponde ao Usuario, en todo caso, dispoñer das ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos prexudiciais.

Gabinete Cartotec SL. non se responsabiliza dos danos producidos nos equipos informáticos dos Usuarios ou de terceiros durante a prestación do servizo do Sitio Web.

Da dispoñibilidade do Servizo

O acceso ao Sitio Web require de servizos e subministros de terceiros, incluídos o transporte a través de redes de telecomunicacións da que a fiabilidade, calidade, continuidade e funcionamento non corresponde a Gabinete Cartotec SL.

Por conseguinte, os servizos provistos a través do Sitio Web poden ser suspendidos, cancelados ou resultar inaccesibles, con carácter previo ou simultáneo á prestación do servizo do Sitio Web.

Gabinete Cartotec SL non se responsabiliza dos danos ou danos de calquera tipo producidos no Usuario que teñan como causa erros ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo do Sitio Web durante a prestación do mesmo ou con carácter previo.

Dos contidos e servizos enlazados a través do Sitio Web

Os enlaces existentes no Sitio Web poden levarlle fóra da rede de Gabinete Cartotec. Gabinete Cartotec SL. non coñece os contidos e servizos dos sitios enlazados e por tanto quedan fora da súa responsabilidade os danos producidos pola ilicitude, calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos Sitios Enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable a Gabinete Cartotec SL; os enlaces son subministrados por Gabinete Cartotec SL. de boa fe e por tanto non se fai responsable dos eventuais cambios dos sitios enlazados cos que establecen un enlace.
En ningún caso, a existencia de Sitios Enlazados debe presupoñer a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación de Gabinete Cartotec SL coas manifestacións, contidos ou servizos provistos.

Política de privacidade

De acordo coa normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, procedemos a informarlle d tratamento de datos persoais que realizamos dos nosos clientes e/ou usuarios da presente páxina web.

1.- Responsable de tratamento dos datos

GABINETE CARTOTEC, S.L.U. DOUTOR NOVOA SANTOS, Nº 10 – 15800 MELIDE (A CORUÑA)

gabinetecartotec@gabinetecartotec.com.

2. Finalidade do tratamento, lexitimación e prazo de conservación

Gabinete Cartotec poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas seguintes finalidades:

SERVICIO DE ATENCIÓN Ó USUARIO A TRAVÉS DO FORMULARIO DE CONTACTO E/OU ENVÍO DE CORREOS ELECTRÓNICOS

Finalidade de tratamento: trataremos os datos estritamente necesarios para xestionar a súa petición.

Lexitimación: existe un interese lexítimo por ambas partes para a resolución de solicitudes ou consultas. En caso de reclamacións relacionadas cos nosos servizos, a lexitimación é o cumprimento de obrigas legais pola nosa parte.

Prazo de conservación: o tempo necesario para dar resposta a súa solicitude e en calquera caso, até que transcorra o prazo de prescrición de posibles accións de responsabilidade derivadas do tratamento.

3. Destinatarios de cesións

En Gabinete Cartotec non cederemos os seus datos a terceiros, salvo para dar cumprimento a unha obrigación legal.

4. Política de cookies

Para revisar o tratamento de datos relativo ás cookies, pode consultar a política de cookies, dispoñible nesta mesma páxina web. Poderá configurar as súas preferencias respecto ó uso de cookies no propio aviso de configuración de cookies.

5. Dereitos

Por último, informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos.

– Dereito a solicitar o acceso os seus datos persoais.

– Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión.

– Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, e a opoñerse ó tratamento.

– Dereito á portabilidade dos datos.

– Dereito á retirada do seu consentimento.

Pode enviar a súa solicitude a través da conta de correo electrónico: gabinetecartotec@ gabinetecartotec.com. Se considera que non atendemos correctamente os seus dereitos, poderá formular unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, a través das seguintes vías:

– Sede electrónica: www.aepd.es

– Correo postal: C/ Jorge Juan 6, 28001 – Madrid

– Teléfono: 901 100 099 – 91 266 35 17

6. Medidas de seguridade

Gabinete Cartotec ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento e/ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos derivados da acción humana ou do medio físico e natural a que están expostas.