fbpx

Representación Gráfica Alternativa

Logo da reforma da Lei Hipotecaria, aprobada pola Lei 13/2015, de 24 de xuño, estableceuse un novo procedemento para a descrición das fincas no Rexistro da Propiedade.

Este novo procedemento consiste na representación gráfica xeorreferenciada da parcela que se pretende alterar, permitindo situala no territorio de maneira inequívoca. Deste modo supérase o anterior modo que se empregaba na descrición das parcelas, que resultaba impreciso e non contaba coas características suficientes en canto a fiabilidade e seguridade.

Entón, podemos definir a RGA como “un plano xeorreferenciado, que delimita de maneira precisa a parcela na que se sitúa a finca, mediante a expresión das coordenadas xeográficas correspondentes a cada un dos seus vértices, referidas ó sistema xeodésico oficial, e elaborado en formato informático”.

Para que unha RGA se considere válida debe cumprir unha serie de requisitos técnicos importantes, dos que podemos destacar: deberá conter un ficheiro informático en formato GML (Geography Markup Language), deberá estar representada sobre a cartografía catastral, e comprenderá todas as parcelas catastrais que deban ser obxecto de alteración ou modificación, total ou parcialmente.

Dende a Dirección Xeral de Catastro recomendan que a elaboración da Representación Gráfica Alternativa sexa realizada por un técnico competente, xa que conta coas competencias suficientes para a realización do levantamento topográfico da parcela e a súa representación seguindo as especificacións técnicas.

En Gabinete Cartotec contamos coa experiencia suficiente na realización de RGAs, xestionando o ciclo total, dende a medición da parcela afectada, a correcta representación gráfica en Catastro, e a súa inscrición no Rexistro da Propiedade.

Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso