Servizo de Catastro en Ribadumia

Medios de comunicación como o Faro de Vigo fixéronse eco do servizo de Catastro que ofrece o Concello de Ribadumia en colaboración con Gabinete Cartotec.

Grazas a este servizo, totalmente gratuíto para os veciños e veciñas de Ribadumia, máis de 260 persoas foron atendidas en máis de 300 horas de servizo presencial.
Cada expediente que se tramita é un veciño ou veciña satisfeito e agradecido polo servizo prestado.

Durante este ano de servizo tramitáronse máis de 220 expedientes, dos cales o 75% están rematados, sendo os máis numerosos os que afectan a parcelas de clase urbana. A tipoloxía de expediente máis tramitada é a 901N, que se corresponde con cambios de titularidade.

As expectivas para o futuro son máis optimistas, xa que a nova implantación da plataforma CITRIX e o intercambio de ficheiros vía SEC facilitará e axilizará a tramitación e resolución de expedientes.

O servizo de Catastro é un beneficio mutuo entre o Concello e a Veciñanza.

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso