Topografía

A topografía, técnica que describe e representa nun plano calquera superficie ou o relevo dun terreo, é unha ferramenta fundamental para a planificación, elaboración e execución de calquera proxecto. O noso equipo é capaz de levar adiante, con rigor e precisión, as tarefas necesarias para garantir correcto desenvolvemento de calquera proxecto, desde medir unha finca a desenvolver os estudos para unha gran infraestrutura. A práctica moderna da profesión da topografía, ademais da súa aplicación no ámbito da enxeñería, ten impacto no catastro, xestión inmobiliaria, planificación territorial, tributación, valoración de bens, xestión financeira e investimento. Prácticas fundamentais e necesarias para o correcto desenvolvemento urbano e rural do país.

Calidade en todas as escalas

Gabinete Cartotec traballa en proxectos moi diversos debido ao amplo abano de posibilidades de aplicacións que ofrece a topografía. Empregamos diferentes metodoloxías e instrumental adecuado en función das necesidades de cada proxecto, da precisión esixida e da súa complexidade.

Comprometidos coa máxima calidade na execución dos traballos, Gabinete Cartotec rodéase dos mellores partners e conta coa colaboración de Fortop, unha empresa especializada na venda de instrumentación topográfica e xeodésica de última xeración, o que permite a adecuación da tecnoloxía ás necesidades específicas e técnicas de cada proxecto. Traballamos con equipos Trimble e contamos con GPS RTK, estacións robóticas, niveis de alta precisión, equipos de escaneado 3D e UAVS/drons.

Lista de servizos

Asistencia técnica en obras, execución de obra e control xeométrico.

Levantamento topográfico por topografía clásica ou mediante GPS.

Replanteos de obras lineais, urbanizacións, edificacións, liñas eléctricas, etc.

Definición e deseño de trazados de enxeñería civil.

Nivelacións xeométricas.

Escaneado láser 3D e fotogrametría con procesado de datos e modelados.

Deslindes para a delimitación de parcelas.

Cubicación de movemento de terras, cálculo de área ou desnivel.

Captura de datos xeográficos para sistemas GIS.

Informes periciais e valoracións.

Tramitación de proxectos para a inscrición de pozos e redes de auga no Rexistro.

Inventarios de bens CartoLIBRO®.

Ver máis
Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso