Agrícola

O rural é o futuro

O traballo agrícola e gandeiro continúa sen ser doado e enfronta moitos contratempos que van desde as variacións do clima a atrancos burocráticos. Pero nos nosos días os coñecementos e a tecnoloxía permítennos abordar os proxectos agropecuarios coas máximas garantías. O apoio de profesionais con coñecemento de última xeración, como son o equipo de Cartotec, minimiza os riscos na xestión dos proxectos agrarios, tendo en conta aspectos técnicos, económicos e financeiros e mesmo posibilidades de investimentos e fontes de financiamento. Os nosos especialistas achegan consello e solucións para todo tipo de problemas propios deste sector, desde o emprendemento dunha actividade ata as diferentes solucións de mellora na procura da máxima eficiencia e sustentabilidade .

Algúns dos nosos servizos para actividades agropecuarias

Medición de parcelas agrícolas e forestais.

Proxectos de explotacións agropecuarias: vacún, porcino, avícola.

Proxectos de invernadoiros.

Proxectos de impacto ambiental.

Dirección e xestión da construción.

Estudo e coordinación da seguranza e saúde.

Legalización de pozos de barrena, artesáns, traídas de auga e comunidades.

 

Informes e valoracións de propiedades, instalacións e edificacións.

Asesoramento en transición á produción ecolóxica e extensiva.

Proxectos de peches de fincas para protección de gando.

Ver máis
Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso