Unha nova ruta de sendeirismo no Ulla, a PR-G 226

As Asociacións O Noso Lar e As Rigueiras xunto co Concello de Santiso,  encomendaron a Gabinete Cartotec o proxecto e a execución dunha ruta de sendeirismo homologada de 40 km (Sendeiro da Beseña PR-G 226).

Trátase dun proxecto inclusivo que está deseñado co obxectivo de incrementar a calidade de vida da veciñanza e o incremento de visitantes, procurando valorizar os activos existentes e crear unha oferta turística coordinada e aberta con todos os axentes sociais, económicos e políticos para aumentar a atracción do turismo no rural.

Unha ruta de sendeirismo homologada financiada con fondos europeos LEADER que xestiona o GDR.

Poden descargar o track do sendeiro dende o seguinte enlace, así como acceder a máis información sobre o mesmo.

 

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso