Numeración Concello de Ribadumia

A comezos do ano 2020 o Concello de Ribadumia decidiu poñerse en contacto con Gabinete Cartotec para darlle solución á caótica numeración das vivendas e parcelas do concello. Unha situación que viña provocando dende facía anos numerosos problemas aos veciños, servizo de correos, emerxencias, etc.

Co obxectivo de renumerar todas as vivendas e parcelas susceptibles de ser edificadas, o equipo técnico de Gabinete Cartotec púxose mans á obra dende o momento do encargo.

O traballo levouse a cabo en varias fases. Comenzouse cunha análise dos datos catastrais e cruce coa cartografía do Plan Xeral de Urbanismo, pasando polo imprescindible traballo de campo até a exposición pública itinerante nos locais socias das seis parroquias de Ribadumia, co obxectivo principal de ofrecerlle a todos os veciños a posibilidade de coñecer o proxecto de primeira man, facer as consultas desexadas aos técnicos e comunicar as inquietudes xurdidas.

Entre os traballos realizados tamén se mudaron de nome algunhas rúas do Concello, co obxectivo de eliminar as confusións presentes a día de hoxe por causa de existir varias rúas cos mesmos nomes en parroquias diferentes. Esta información e planos están dispoñibles na páxina web oficial do Concello de Ribadumia.

Durante os vindeiros meses convivirán a numeración antiga e a nova, dando tempo suficiente para que os veciños e veciñas poidan mudar o seu número en todos os organismos afectados, traballo para o que contarán coa axuda de técnicos do Concello.

O proxecto da nova numeración de inmobles de Ribadumia finalizarase nos primeiros meses do ano, coa colocación de máis de 1750 placas de números.

Esta nova tivo a súa repercusión nos medios de comunicación.

Planos numeración
Exposición pública
Plano numeración
Numeración Ribadumia

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso