Valor Catastral e I.B.I.

O Imposto de Bens e Inmobles (I.B.I.) é un tributo municipal de pago obrigatorio para todos os propietarios que teñan a seu nome no Catastro algún ben inmoble; vivenda, piso, casa, etc

Este imposto calcúlase en base ao valor catastral do inmoble. Para calcular o valor catastral dun inmoble, téñense en conta principalmente: a superficie, antigüidade, uso, ubicación e calidades construtivas. Polo que se as súas características reais non se corresponden coas que están gravadas nas bases de datos catastrais, poderíamos estar pagando un recibo de I.B.I. superior ao que deberíamos.

É importante por tanto, facer unha revisión dos datos que constan en Catastro dos nosos inmobles para comprobar se son correctos ou non. Se son correctos, estaremos pagando un recibo de I.B.I. axustado á realidade dos nosos inmobles e se atopamos datos incoherentes ou desactualizados, podemos iniciar en calquera momento a rectificación dos mesmos ante o Catastro para corrixilos.

Temos dúas vías para levar a cabo a actualización dos datos catastrais. Pode ser, mediante a declaración voluntaria ou mediante o procedemento de subsanación de discrepancias. Nos dous casos actualízanse e modifícanse os datos catastrais do noso ben conforme á realidade, en base a un informe elaborado por un técnico competente na materia e outra documentación que presentamos no catastro. Deste modo, o contribuínte pon en coñecemento da Administración a existencia dunha discrepancia entre a realidade e os datos catastrais, co obxectivo de adaptar o I.B.I. á realidade.

Outro erro común, máis habitualmente do esperado, é que nos estean cobrando un I.B.I. dunha propiedade que non é a nosa, co que habería que levar a cabo un procedemento de cambio de nome e reclamación de impostos indebidos dos anos anteriores.

E como sabemos se o noso inmoble está correcto en Catastro?

Se non sabemos a referencia catastral (o identificador único de todos os inmobles do Estado) do noso ben, ésta aparece no recibo do IBI xunto ao valor catastral do mesmo.
Mediante a Sede Electrónica de Catastro podemos realizar unha busca de calquera parcela mediante referencia catastral.
Neste vídeo explícase como se realiza a busca e descarga de información catastral.

    Algún proxecto en mente, problemas co catastro? Déixanos o teu contacto e chamámoste sen compromiso