SOBRE GABINETE CARTOTEC

GABINETE DE CARTOGRAFÍA, TOPOGRAFÍA E CATASTRO
Somos una empresa técnica especializada nas solucións territoriais para as áreas de catastro, topografía, arquitectura e medio ambiente.  Ofrecemos os nosos servizos no ámbito do sector privado, empresas e particulares, e na Administración Pública.

Gabinete Cartotec está integrado por profesionais cualificados e con prolongada experiencia nas distintas áreas de especialización da nosa compañía. Comprometidos coa excelencia e a innovación dispoñemos dos medios tecnolóxicos máis avanzados e unha equipa multidisciplinar de expertos que nos permite ofrecerche o servizo máis completo coa oferta máis competitiva.

PARA QUEN TRABALLAMOS

………COMPROMISO…….CALIDADE………TRABALLO EN EQUIPO………FLEXIBILIDADE……INTEGRIDADE….PROFESIONALIDADE

“Entusiastas de todo o que se poida representar graficamente,
da precisión e do deseño.”

David Sanguiao. Fundador & CEO

CATASTRO

REPRESENTANDO O TERRITORIO
Contrastamos a información catastral dos bens inmobles para determinar a discrepancia catastral e emendala, tanto para datos gráficos como fiscais. Tramitamos a alta, baixa, reforma e cambio de titularidade de inmobles. Ademais realizamos segregacións, agrupacións e reparcelacións. Elaboramos informes e certificados de antigüidade, superficies, valoración e usos.

  • Medicións de fincas e edificacións.
  • Informes técnicos.
  • Presentación de alegacións ou recursos perante a Administración.
  • Seguimento da resolución dos expedientes.
  • Partición de herdanzas “Partixas”.

TOPOGRAFÍA

A PRECISIÓN IMPORTA
Facemos todo tipo de levantamentos topográficos para proxectos de obra civil e estudos detallados de estruturas con GPS de última xeración.

  • Servizos de replanteo no terreo de obras lineais, liñas eléctricas e edificacións.
  • Legalización de redes e pozos de auga.

  • Delimitación do límite exacto das parcelas entre os propietarios mediante os deslindes.
  • Emisión de certificado  de coordenadas e formato GML, válido para Notaría, Rexistro e Catastro.
  • Cálculos dos movementos de terra, cubicación do desmonte ou recheos de fincas; todo tipo de cálculos de volume, área ou desnivel.

ARQUITECTURA

REHABILITA E DESFRUTA
Deseñamos e rehabilitamos todo tipo de vivendas, particulares e colectivas. Somos especialistas na arquitectura da vivenda tradicional galega. Elaboramos proxectos de parques, deseño de xardíns e estudos de integración paisaxística adecuados á realidade da nosa contorna. Proxectamos plans de reordenamento e integración rural e urbanos, estudos sobre os núcleos de poboación e deseño de viarios.

  • Estudos personalizados para cada cliente con análise de potencialidades.
  • Presentación de diferentes propostas alternativas.
  • Tramitación de subvencións da Administración.

MEDIO AMBIENTE

COIDAMOS A TERRA
Promovemos actividades de ecoturismo para a dinamización económica, social e cultural do noso rural. Por outra parte, elaboramos estudos de impacto medioambiental para minimizar as consecuencias das actividades económicas na contorna.

  • Proxectos de sendeirismo con roteiros homologados: deseño, implantación e sinalización de roteiros segundo normativa de Sendeiros 2014 da FGM.
  • Avaliación do impacto medioambiental de calquera tipo de proxecto e actividade segundo a normativa legal vixente.

POR QUÉ GABINETE CARTOTEC

O noso obxectivo é contribuír á posta en valor do patrimonio particular e colectivo con total seguridade e tranquilidade.
Integramos o conxunto de procesos necesarios para garantir unha xestión profesional e de calidade en cada proxecto.

0
PARCELAS DIXITALIZADAS
0
PARCELAS REVISADAS
0
EXPEDIENTES RESOLTOS
0
INFORMES TÉCNICOS

O QUE DIN DE NÓS

Para nós o máis importante é a satisfacción dos nosos clientes, por iso queremos saber a súa opinión.

J. Buján
Director comercial

ALGÚN DOS NOSOS CLIENTES